Lalín acollía un ano máis o encontro anual da directiva da Federación Galega de Tiro ao Voo. Un encontro onde a xunta presidida polo lalinense Luis Nistal tributou unha homenaxe a dúas dos máis veteranos tiradores, neste caso ambas da zona. Un deles foi Amalio Varela González, de Vilatuxe, cun gran palmarés xa como practicante de tiro ao voo. O segundo tributo foi para o estradense José Juan Valladares Gestoso quen, aos seus 84 anos, continúa mostrando a súa destreza no uso da escopeta na categoría de superveteranos. Ambos tomaron a vez de José Tábora, de

Silleda, e Francisco Cid, da localidade ourensá de Baños de Molgas, os dous homenaxeados no 2015.

Durante o encontro, celebrado tras degustar un cocido no restaurante A Molinera, abordouse o calendario de probas a disputar esta tempada en Galicia. Luis Nistal destacaba onte a elección de Santiago de Compostela para celebrar en setembro una das probas do Campionato de España. Está previsto levar a cabo cinco competicións do galego de hélices no club compostelán de tiro Río Sar.

O calendario para este 2016 tamén inclúe a celebración na Toxa do Gran Premio de España de tiro ao Voo. Son algunhas das citas programadas desde a federación, que este venres foron analizadas na asemblea celebrada na capital dezana. Unha reunión onde se trataron outras cuestións de funcionamento da xunta directiva así como temas económicos e organizativos para esta tempada.